martes, 26 de novembro de 2024
25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Onte luns 25 de novembro celebramos no cole o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller e para elo realizamos diversas lecturas nas aulas acompañado do visionado de curtas relativas ao tema.
Deixamos unha imaxe onde podedes descargar as curtas visionadas.
CAMPO A TRAVÉS CHANTADA 2024
O pasado domingo 24 de novembro unha representación de todo o centro acudiu a Chantada a participar na carreira de campo a través organizado polo programa xogade.
Deixamos un video con algunha imaxe da xornada e dos éxitos acadados polo noso alumnado. Noraboa.
MÁXIMUS VISITA O COLE NOVO
A pasada semana tivemos de visita polo cole a Máximus, mascota do Breogán que presentou o proxecto "Ningún aro sen rede" programa de reciclaxe no que vai a participar o noso cole xunto con outros centros da provincia de Lugo.
Deixamos un pequeno video con algunha imaxe do día.
SEMANA DA CIENCIA 2024
A pasada semana celebramos no cole a semana da ciencia, e para elo o alumnado de 5º de primaria realizaron unha serie de experimentos na biblio do cole para o resto das aulas do centro.
Deixamos un video con algunha imaxe desta semana, esperamos que vos guste.