mércores, 24 de febreiro de 2021

Actividades Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía no noso centro. 

No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 2º de Primaria gozando dun poema cantado de Rosalía, e facendo un concurso de preguntas sobre o que aprenderon.


 

O alumnado de 4º de Primaria tamén conmemorou o Día de Rosalía



mércores, 10 de febreiro de 2021

Visita virtual da Investigadora María Fernández ao noso centro

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

 


A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. 
 
 
Para conmemorar este día no noso centro, convidamos a unha visita virtual á Psicóloga e investigadora monfortina María Fernández, que ven de recibir un premio internacional de neurociencia polos seus estudios sobre o proceso de lectura.
 
María Fernández López licenciouse en psicoloxía pola Universidade de Santiago e ten ademáis un máster pola Universidade de Valencia, onde actualmente imparte clases no departamento de metodoloxía das ciencias de comportamento ao tempo que realiza tarefas de investigación. 
Tamén ten partcipado activamente en congresos científicos en España, Reino Unido, Alemania, Rusia, Canadá e EEUU,e ten publicado diversos traballos en revistas especializadas. 
O proxecto polo que foi premiada estudiaba o funcionamento do cerebro ao ler e descifrar letras distorsinadas, como por exemplo nos CAPTCHAS das páxinas web.
 






 

domingo, 7 de febreiro de 2021

Entroido 2021. Ordes do MECO

 

Xa non queda nada para o Entroido, e como todos os anos xa está aquí o noso MECO coas súas Ordes.

* O luns para o Meco obedecer un pano de pirata na cabeza terás que traer.

 * O martes trae o teu xersei do revés que a todos no cole nos vas a ver!

 * O mércores para un pouco de diversión ter, algo grande tes que traer, barrigota ou cu, podes escoller.

 * O xoves, o meco di que a cara pintarás con pencas, coloretes e demáis.

 * O venres, o meco o día de hoxe permite imaxinar, e o que ti desexes serás