venres, 31 de xaneiro de 2020
xoves, 30 de xaneiro de 2020
Charla Perigos Internet e Redes Sociais
O pasado xoves o alumnado de 5º e 6º de Primaria acudiu a unha charla sobre os perigos de internet e as redes sociais enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da seguridade nos centros educativos
luns, 27 de xaneiro de 2020
Julia e Alejandro premiados no Certame de Poesía do Concello de Monforte
Os nosos alumnos Julia de 3º e Alejandro Pérez de 6º recibiron hoxe na biblioteca municipal Lois Pereiro os seus agasallos tras resultar gañadores no certame de Poesía de Nadal convocado polo Concello de Monforte de Lemos.
Tamén foi premiada aínda que non acudiu á entrega de agasallos a alumna de 6º Simona.
domingo, 26 de xaneiro de 2020
Segunda Xornada de Voleibol Escolar
O pasado sábado 25 de xaneiro celebrouse no pavillón de A Pinguela a 2ª xornada de voleibol escolar. Cinco equipos do CEIP de Monforte disputaron os seus encontros e estrearon as súas novas camisetas de xogo diante dos seus amigos e familiares que acudiron ao pavillón a animalos.
Clasificación Benxamín Mixto


O equipo Benxamín Celeste formado por Ayoub, Lucas, Mateo, Lucas e Antón conseguiu a súa primeira victoria tras derrotar por 2 sets a 0 ao equipo de A Gándara.



Alumnado de 3 anos visita o Daviña Rey
O pasado venres, o alumnado de 4º de Educación Infantil acudiu ao IES Daviña Rey de Monforte de Lemos a realizar unha actividad musical organizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil.
Pasámolo xenial e disfrutamos un montón tocando cos instrumentos musicais feitos con material de refugallo que alí nos amosaron.
sábado, 11 de xaneiro de 2020
Inicio da competición escolar de voleibol
Hoxe deu comezo a competición escolar de voleibol coa participación de cinco equipos do noso centro. Os nosos rapaces e rapazas acudiron ao Pavillón da Pinguela acompañados polas súas familias para desfrutar dunha divertida mañá de deporte escolar.
Os equipos alevíns feminino e mixto xogaron contra os equipos do CEIP A Gándara perdendo ambos encontros por 2 sets a 0.
En categoría benxamín o equipo verde enfrontouse ao equipo azul, resultando gañador o equipo verde por un apretado 2 a 1. A continuación o equipo verde derrotou por 2 a 0 ao equipo do CEIP A Gándara. Pola súa banda o equipo benxamín celeste se enfrentou ao equipo de Quiroga perdendo por 2 sets a 0.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)