xoves, 25 de febreiro de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
Actividades Día de Rosalía
Hoxe celebramos o Día de Rosalía no noso centro.
No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 2º de Primaria gozando dun poema cantado de Rosalía, e facendo un concurso de preguntas sobre o que aprenderon.
O alumnado de 4º de Primaria tamén conmemorou o Día de Rosalía
xoves, 18 de febreiro de 2021
mércores, 10 de febreiro de 2021
Visita virtual da Investigadora María Fernández ao noso centro
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.
domingo, 7 de febreiro de 2021
Entroido 2021. Ordes do MECO
Xa non queda nada para o Entroido, e como todos os anos xa está aquí o noso MECO coas súas Ordes.
* O luns para o Meco obedecer un pano de pirata na cabeza terás que traer.
* O martes trae o teu xersei do revés que a todos no cole nos vas a ver!
* O mércores para un pouco de diversión ter, algo grande tes que traer, barrigota ou cu, podes escoller.
* O xoves, o meco di que a cara pintarás con pencas, coloretes e demáis.
* O venres, o meco o día de hoxe permite imaxinar, e o que ti desexes serás
domingo, 31 de xaneiro de 2021
Día da Paz 2021
A pesares da situación que estamos a vivir; dos momentos tan complexos que temos e da incertidume que nos acompaña todo o día... aínda temos enerxía para conmemorar co noso alumnado datas moi importantes. Todo o centro colaborou para construir un muro pola paz, no que amizade, solidariedade, xustiza, bicos e outros verbas fermosas constrúen este bonito mural que reflexa os nosos desexos.