O pásado venres 20 de decembro celebramos no cole o nadal coa visita de Papá Noel, a recreación de Laponia nunha das aulas do cole e a celebración das campanadas no patio do cole.
Deixamos un video da xornada como sempre. Boas festas¡¡¡¡¡
O pásado venres 20 de decembro celebramos no cole o nadal coa visita de Papá Noel, a recreación de Laponia nunha das aulas do cole e a celebración das campanadas no patio do cole.
Deixamos un video da xornada como sempre. Boas festas¡¡¡¡¡
O pasado venres 13 de decembro celebramos no cole a "Ugly Sweater Party", xornada na que todos tiñamos que vir cun xersei de nadal ao centro.
Fixemos algunha foto e o video correspondente da xornada, esperamos que vos guste, Bo nadal¡¡¡¡
Nesta semana o alumnado do 2º curso de primaria ven de realizar esta curiosa felicitación de nadal. Esperamos que vos guste. Bo Nadal¡¡¡¡¡
Na mañá de hoxe de decembro tivemos a visita da escritora Inés Silva, que presentou a súa obra "Até o vindeiro Nadal" e realizou unha sesión de contacontos co alumnado do noso centro.
Deixamos unhas imaxes da xornada coma sempre. Moitas gracias Inés¡¡
Durante toda esta semana para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, no cole fixemos diferentes actividades de sensibilización sobre a realidade das persoas con discapacidade, baixo o lema NESTE COLE TODOS ENCAIXAMOS.
No seguinte video pódese ver unha pequena mostra das actividades levadas a cabo:
-Visionado de curtametraxes ( CUERDAS, TAMARA, EL REGALO, IAN, LOS COLORES DE LAS FLORES...) a partir dos cales o alumnado eloborou as pezas dun puzzle cos pés, boca, ollos tapados...
-Xogos e circuitos en cadeira de rodas, cos ollos tapados, desprazándose coas nalgas....
-E tivemos a sorte de contar coa presenza de Nuria López, paratleta 33 veces campiona de España en cadeira de rodas.
O alumnado de 6º de primaria do noso centro están a realizar dentro do seu proxecto competencial unha investigación acerca da Ribeira Sacra, e dentro desta investigación o pasado xoves 5 de decembro realizaron unha visita á bodega Petrón, onde puideron coñecer en profundidade detalles da producción do viño tanto na propia bodega como nas viñas e as súas fermosas panorámicas.
Deixamos como sempre algunha imaxe da xornada. Moitas gracias a Bodega pola súa colaboración.