Onte 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz lendo un manifesto pola paz no patio e gardando un minuto de silencio entre todos.
Deixamos un video do traballo realizado durante estes días.
Onte 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz lendo un manifesto pola paz no patio e gardando un minuto de silencio entre todos.
Deixamos un video do traballo realizado durante estes días.
O pasado sábado 18 xaneiro tivo lugar unha nova xornada da liga escolar de voleibol onde participaron grupos do noso cole pasando un divertido día. Deixamos algunha imaxe dos grupos participantes.
O pasado xoves 16 de xaneiro o alumnado de 2º de primaria do noso cole realizou unha visita ao Castelo de Monforte. A pesares da xiada que tiñamos ese día en Monforte, pasamos unha xornada moi interesante.
Deixamos algunha imaxe do día, esperamos que vos guste.
No mes de novembro os alumnos de 2ºA de EP participaron no Concurso de debuxo "200 Aniversario da Policía Nacional", organizado pola Comisaría Provincial de Lugo en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua.
Resultando premiado o alumno Ariel Echeverry Cruz. Noraboa!!!!