venres, 23 de xaneiro de 2026

DONACIÓN BANCO DE ALIMENTOS

Bo día familias.

Onte 22 de xaneiro fixemos entrega dos alimentos recollidos no noso centro na campaña de Nadal. Arredor de 60 kgs de diferentes alimentos que serán repartidos estes días entre as familias que así o precisen.

Gracias a todos pola vosa colaboración.









martes, 23 de decembro de 2025

CERTAME POESÍAS DE NADAL

 O alumnado de 5ºA, 5ºB  e de  6ºB de Educación Primaria participaron cos seus poemas en galego  no Certame de Poesías de Nadal, organizado pola Biblioteca Municipal de Monforte. 

Algunhas delas pódense ver a continuación. Moita sorte a todos!!!!!!!!!!!










martes, 16 de decembro de 2025

VISITA NAVIDEÑA RESIDENCIA MAYORES MONFORTE

 O alumnado de 5º e 6º do noso cole veñen de visitar a residencia de maiores de Monforte para pasar un bo rato con eles e realizar postais e decoración de nadal entre todos.

Deixamos  algunha imaxe do ben que o pasamos. 













Ata a próxima e visitade o noso cole cando queirades.

martes, 9 de decembro de 2025

3 DECEMEBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE


 A pasada semana celebramos no cole a semana da discapacidade con diferentes actividades: o pasado mércores 3 de decembro visitáronos Ana e Diana, que nos realizaron unha serie de actividades relacionadas coa discapacidade visual que presenta Diana, a acromotose.





Tamén realizamos o xoves 4 de decembro unha visita ao centro de educación especial Infanta Elena co alumnado de 6º de primaria, que coñeceran as instalacións deste centro e as actividades que alí levan a cabo.







Gracias Ana, Diana e o persoal do Infanta Elena polas vosas explicacións e pola vosa axuda. 

domingo, 26 de outubro de 2025

Cálculo rápido en 3ºA

Como cada viernes hemos practicado el cálculo rápido en la resolución de problemas en equipos de trabajo cooperativo







 

luns, 20 de outubro de 2025

Xogos Populares en Educación Física. Programa Xogade

Esta semana comezamos a desenvolver nas clases de educación física unha Unidade Didáctica de Xogos Populares aproveitando o material que nos prestan dende o programa Xogade. Na sesión de hoxe os nenos de 3º e 4º gozaron poñendo a proba a súa puntería cos xogos dos bolos e da Chave


A CHAVE Trátase dun xogo xenuinamente galego (incluídas as áreas culturalmente galegas dos territorios administrativos de Asturias e León), aínda que semellante a outras prácticas de lanzamento e de precisión doutras culturas peninsulares.







Para practicar este xogo abonda cunha chave (de diferentes tipos en cada zona do país) e cunhas moedas gordas (os pellos) que son lanzadas contra aquela a unha distancia duns 20-30 pasos. O xogo practícase singularmente por parellas, aínda que son factibles competicións individuais e por equipos, e mesmo se utiliza un lanzamento previo para elixir parella.

O sistema de puntuación é complexo e diferente en cada zona do país. Non obstante, basicamente obtéñense oito puntos por cada pello que toque a chave, e incluso un punto para o pello máis próximo cando ninguén atinou. Así e todo, cando a tirada tivo igual éxito nas dúas parellas, ningunha delas anotará ningún punto.

------------------------------------------------------

Os birlos presentan infinidade de variantes en Galicia. Utilízase como exemplo a modalidade de birlos de lastra, do Norte de Lugo.


Precísanse dúas ou máis bólas, construídas de madeira dura e de un a tres quilos, e de cando menos 9 birlos. Debe observarse que tanto uns como outros escachan ou deterióranse con facilidade, e de aí a necesidade de ter repostos. Os birlos teñen entre 7-10 cm de altura, e hainos sen tornear, cos dous extremos cortados permitindo mantelos dereitos no chan, e torneados, cunha soa cara de apoio e coa outra en forma de lámpada eléctrica. As bólas son esféricas, duns 15 cm de diámetro e, a diferencia doutras modalidades, non teñen buratos para suxeitalas.






O xogo practícase nun terreo chan e libre, no que se marca, a zona de lanzamento, o fite, a liña de 15 e a liña de 20 (cando o terreo é suficiente, pódese marcar incluso a de 30). Aínda que non é imprescindible, cómpre que no extremo final do campo exista un obstáculo natural que pare os birlos, dado que é relativamente fácil extravialos.

Interveñen cando menos dous xogadores/as enfrontados, aínda que poden participar catro ou máis, por parellas ou equipos. Situados os nove birlos no seu lugar (permanentemente marcado enriba dunha laxe dura), arrebólase a bóla contra eles tratando de tirar o maior número posible. A puntuación, dun xeito sintético, obtense do seguinte xeito:

- Aqueles birlos que non cheguen á liña de quince obteñen tres puntos cada un.

- Os que pasen da liña de quince, quince puntos cada un.

- Os que pasen da liña de vinte, vinte puntos cada un.

- En contra de todo o dito, aasí e todo, se a bóla non pasa da liña de quince, o xogador/a en cuestión nin suma nin resta puntos.

As partidas acórdanse a sesenta puntos, e gaña o xogador/a, a parella ou o equipo que antes os acade.