Na clase de ciencias da naturaza o alumnado de 1º B fixeron un experimento de area máxica. Foi moi divertido aprendendo diferentes texturas.
Sete alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Monforte (Colexio Novo) participaron hoxe no campionato comarcal de bádminton escolar celebrado en Chantada, dentro do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) .
Nesta xornada deportiva, o noso alumnado competiu na categoría benxamín, enfrontándose a deportistas das escolas deportivas de Portomarín. Máis alá dos resultados, a experiencia estivo marcada polo compañeirismo, o respecto e as ganas de aprender e gozar do deporte.Foi unha tarde moi enriquecedora na que puideron poñer en práctica as súas habilidades, convivir con outros centros e seguir fomentando hábitos de vida activa e saudable.Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude!
A vida é un proceso asombroso para os nosos alumnos, grazas á Asociación de Avicultores de raza Galiña de Mos (AVIMOS) deixáronnos durante este mes de abril unha incubadora, para que os alumnos e alumnas poidan observar con respecto, paciencia e ser testemuñas do milagre do nacemento de novos pitiños. Estamos moi ilusionados.