O alumnado de 5ºA, 5ºB e de 6ºB de Educación Primaria participaron cos seus poemas en galego no Certame de Poesías de Nadal, organizado pola Biblioteca Municipal de Monforte.
Algunhas delas pódense ver a continuación. Moita sorte a todos!!!!!!!!!!!
O alumnado de 5ºA, 5ºB e de 6ºB de Educación Primaria participaron cos seus poemas en galego no Certame de Poesías de Nadal, organizado pola Biblioteca Municipal de Monforte.
Algunhas delas pódense ver a continuación. Moita sorte a todos!!!!!!!!!!!
O alumnado de 5º e 6º do noso cole veñen de visitar a residencia de maiores de Monforte para pasar un bo rato con eles e realizar postais e decoración de nadal entre todos.
Deixamos algunha imaxe do ben que o pasamos.
Ata a próxima e visitade o noso cole cando queirades.
A pasada semana celebramos no cole a semana da discapacidade con diferentes actividades: o pasado mércores 3 de decembro visitáronos Ana e Diana, que nos realizaron unha serie de actividades relacionadas coa discapacidade visual que presenta Diana, a acromotose.
Tamén realizamos o xoves 4 de decembro unha visita ao centro de educación especial Infanta Elena co alumnado de 6º de primaria, que coñeceran as instalacións deste centro e as actividades que alí levan a cabo.
Gracias Ana, Diana e o persoal do Infanta Elena polas vosas explicacións e pola vosa axuda.
A CHAVE Trátase dun xogo xenuinamente galego (incluídas as áreas culturalmente galegas dos territorios administrativos de Asturias e León), aínda que semellante a outras prácticas de lanzamento e de precisión doutras culturas peninsulares.
Para practicar este xogo abonda cunha chave (de diferentes tipos en cada zona do país) e cunhas moedas gordas (os pellos) que son lanzadas contra aquela a unha distancia duns 20-30 pasos. O xogo practícase singularmente por parellas, aínda que son factibles competicións individuais e por equipos, e mesmo se utiliza un lanzamento previo para elixir parella.
O sistema de puntuación é complexo e diferente en cada zona do país. Non obstante, basicamente obtéñense oito puntos por cada pello que toque a chave, e incluso un punto para o pello máis próximo cando ninguén atinou. Así e todo, cando a tirada tivo igual éxito nas dúas parellas, ningunha delas anotará ningún punto.
Os birlos presentan infinidade de variantes en Galicia. Utilízase como exemplo a modalidade de birlos de lastra, do Norte de Lugo.

O xogo practícase nun terreo chan e libre, no que se marca, a zona de lanzamento, o fite, a liña de 15 e a liña de 20 (cando o terreo é suficiente, pódese marcar incluso a de 30). Aínda que non é imprescindible, cómpre que no extremo final do campo exista un obstáculo natural que pare os birlos, dado que é relativamente fácil extravialos.
Interveñen cando menos dous xogadores/as enfrontados, aínda que poden participar catro ou máis, por parellas ou equipos. Situados os nove birlos no seu lugar (permanentemente marcado enriba dunha laxe dura), arrebólase a bóla contra eles tratando de tirar o maior número posible. A puntuación, dun xeito sintético, obtense do seguinte xeito:
- Aqueles birlos que non cheguen á liña de quince obteñen tres puntos cada un.
- Os que pasen da liña de quince, quince puntos cada un.
- Os que pasen da liña de vinte, vinte puntos cada un.
- En contra de todo o dito, aasí e todo, se a bóla non pasa da liña de quince, o xogador/a en cuestión nin suma nin resta puntos.
As partidas acórdanse a sesenta puntos, e gaña o xogador/a, a parella ou o equipo que antes os acade.