As nosas alumnas Helena, Inés e Sara de 5ºA participaron nesta semana no IX Certame de Microrrelatos en galego organizado por PuntoGal e a Real Academia Galega.
Moita sorte as tres!!!!!!!!!!!
As nosas alumnas Helena, Inés e Sara de 5ºA participaron nesta semana no IX Certame de Microrrelatos en galego organizado por PuntoGal e a Real Academia Galega.
Moita sorte as tres!!!!!!!!!!!
Para celebrar o día de Rosalía de Castro o alumnado do cole recitou poemas da autora e colaborou na elaboración dun mural.
O pasado xoves pola tarde acudimos a praza de España cos nosos compadres para compartir co resto dos centros educativos de Monforte.
Deixamos algunha imaxe da tarde que pasamos e de como rematou o compadre.
No día de hoxe, un grupo de seis alumnos e alumnas de 3.º de Primaria desprazouse a Taboada para participar nunha xornada de bádminton. Na actividade tamén participaron nenos e nenas das escolas deportivas da zona de Chantada, Taboada e Portomarín, o que favoreceu a convivencia e o intercambio entre alumnado de distintos colexios.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do Programa Xogade, impulsado pola Consellería de Educación, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables entre o alumnado en idade escolar.
Ao longo da tarde, o alumnado disputou varios partidos, poñendo en práctica habilidades como a coordinación e a axilidade. A actividade permitiulles, ademais, coñecer un deporte novo para moitos deles e delas, aprendendo as súas normas básicas e experimentando unha forma diferente de actividade física.
A xornada desenvolveuse nun ambiente de compañeirismo e respecto, no que o máis importante foi participar, aprender e gozar do deporte. Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que contribúe a ampliar o abano deportivo do alumnado e a fomentar hábitos de vida activa desde idades temperás.