Amosando publicacións coa etiqueta badminton. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta badminton. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de maio de 2026

Alonso e Braian no campionato provincial de Bádminton

Os alumnos de 3ºB Alonso e Braian participaron este sábado no campionato comarcal de bádminton, celebrado no pavillón municipal de Chantada, nunha xornada deportiva que reuniu alumnado de distintos centros da comarca.

Ao longo da competición, ambos demostraron interese, esforzo e unha actitude moi positiva tanto dentro como fóra da pista, participando nas diferentes probas programadas e compartindo unha experiencia deportiva marcada polo compañeirismo e o respecto entre participantes.

Este tipo de actividades permiten fomentar hábitos de vida saudables, o traballo en equipo e valores como a constancia, a superación persoal e o xogo limpo, ademais de ofrecer ao alumnado a oportunidade de convivir con outros rapaces e rapazas afeccionados ao deporte.

Desde o centro queremos felicitar a Alonso e Braian pola súa participación e pola boa representación realizada no campionato.


 

venres, 17 de abril de 2026

Campionato Comarcal Bádminton en Chantada


Sete alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Monforte (Colexio Novo) participaron hoxe no campionato comarcal de bádminton escolar celebrado en Chantada, dentro do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) .

Nesta xornada deportiva, o noso alumnado competiu na categoría benxamín, enfrontándose a deportistas das escolas deportivas de Portomarín. Máis alá dos resultados, a experiencia estivo marcada polo compañeirismo, o respecto e as ganas de aprender e gozar do deporte.

Foi unha tarde moi enriquecedora na que puideron poñer en práctica as súas habilidades, convivir con outros centros e seguir fomentando hábitos de vida activa e saudable.

Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude!





















 

venres, 6 de febreiro de 2026

Xornada de Bádminton en Taboada

No día de hoxe, un grupo de seis alumnos e alumnas de 3.º de Primaria desprazouse a Taboada para participar nunha xornada de bádminton. Na actividade tamén participaron nenos e nenas das escolas deportivas da zona de Chantada, Taboada e Portomarín, o que favoreceu a convivencia e o intercambio entre alumnado de distintos colexios.

Esta actividade estivo enmarcada dentro do Programa Xogade, impulsado pola Consellería de Educación, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables entre o alumnado en idade escolar.

Ao longo da tarde, o alumnado disputou varios partidos, poñendo en práctica habilidades como a coordinación e a axilidade. A actividade permitiulles, ademais, coñecer un deporte novo para moitos deles e delas, aprendendo as súas normas básicas e experimentando unha forma diferente de actividade física.

A xornada desenvolveuse nun ambiente de compañeirismo e respecto, no que o máis importante foi participar, aprender e gozar do deporte. Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que contribúe a ampliar o abano deportivo do alumnado e a fomentar hábitos de vida activa desde idades temperás.