martes, 27 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 A SEMANA PASADA CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA CASTRO, DURANTE ESTA SEMANA TODO O ALUMNADO TRABALLOU DE DIFERENTES MANEIRAS:

- EN EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLARON  O POEMA "O  MOUCHO", FIXERON GRAFISMOS DE ROSALIA E MOUCHOS. 

-OS ALUMNOS DO 1º CICLO LERON POEMAS DE ROSALÍA E ESCRIBIRON PALABRAS QUE REPRESENTAN O QUE SENTEN CANDO PENSAN NAS INXUSTIZAS.

-O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO LEU POEMAS DE ROSALÍA E A PARTIR DELES CREARON OS SEUS PROPIOS POEMAS QUE RECITARON NA RADIO.

-OS ALUMNOS DE 5º EP RECITARON POEMAS DE ROSALÍA NA RADIO.

-OS ALUMNOS DE 6º EP RECITARON DURANTE TODA  A SEMANA POEMAS DE ROSALÍA A TÓDOLOS SEUS COMPAÑEIROS DO COLE.

NO SEGUINTE VIDEO PÓDESE VER UNHA PEQUENA MOSTRA DOS TRABALLOS REALIZADOS.







Na seguinte ligazón podedes escoitar o programa de radio adicado a Rosalía:

xoves, 15 de febreiro de 2024

RECOLLIDA DE PREMIOS POESÍAS DE NADAL






Hoxe os alumnos de 3º de EP e Xulia de 5º de EP acudiron a Casa da Cultura Lois Pereiro a recoller os premios do Certame de Poesía de Nadal da Biblioteca Municipal de Monforte, agora agardar a resolución  dos premios da Biblioteca Municipal de Lugo, moita sorte a todos e noraboa!!!!!!!!!


 

martes, 16 de xaneiro de 2024

Certame de poesías e postais de Nadal.






POSTAL GAÑADORA!!!!

Parabéns a nosa alumna Amaia Guitián.



Tamén temos que felicitar os alumnos que foron gañadores no Certame de poesía da Biblioteca Municipal:

-Na categoría A: os alumnos de 3ºB de EP levaron o 2º premio e os alumnos de 3ºA o 4º premio.

-Na categoría B: Julia Piñeiro Vázquez de 5º EP conseguiu o 2º premio.



 

Xogos populares

 




















domingo, 10 de decembro de 2023

25 NOVEMBRO

 Baixo o lema "A EDUCACIÓN É A MELLOR VACINA CONTRA  A VIOLENCIA" todos os alumnos do cole plasmaron nas  súas mans diferentes frases en contra da violencia de xénero e colocaronas nas árbores dos desexos.














E os alumnos de 6º EP participaron nun Obradoiro de prevención das violencias machistas na contorna dixital promovido polo CIM de Monforte: "Patriarcado Baneado".