sábado, 11 de xaneiro de 2020

Inicio da competición escolar de voleibol

Hoxe deu comezo a competición escolar de voleibol coa participación de cinco equipos do noso centro. Os nosos rapaces e rapazas acudiron ao Pavillón da Pinguela acompañados polas súas familias para desfrutar dunha divertida mañá de deporte escolar.

Os equipos alevíns feminino e mixto xogaron contra os equipos do CEIP A Gándara perdendo ambos encontros por 2 sets a 0.




 En categoría benxamín o equipo verde enfrontouse ao equipo azul, resultando gañador o equipo verde por un apretado 2 a 1. A continuación o equipo verde derrotou por 2 a 0 ao equipo do CEIP A Gándara. Pola súa banda o equipo benxamín celeste se enfrentou ao equipo de Quiroga perdendo por 2 sets a 0.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario