Unidades Didácticas Mulleres galegas
Vídeos para reflexionar
Utilizamos como recurso inicial un vídeo titulado Riley
e a cor rosa que, aínda que está subtitulado, podémolo ir
relatando. Riley é unha nena norteamericana de catro anos
que reflexiona sobre a cor rosa, as princesas e os superheroes, rompendo cos estereotipos dos xoguetes “para
nenos e para nenas”.
Tras o visionado, abriremos un debate sobre o tema,
analizando os diferentes posicionamentos do alumnado e
facendo fincapé na libre elección dos xoguetes, con independencia da cor e función. Ese día probarán a xogar en
clase cos xoguetes que consideraban do sexo contrario.
Tras a actividade preguntaremos que lles pareceu a experiencia.
Propostas didácticas
Ningún comentario:
Publicar un comentario