domingo, 20 de xuño de 2021

O noso compañeiro de 4ºA John Michal disputou a final do Campionato de España de voleibol

 

O noso compañeiro John Michael de 4ºA disputou o Campionato de España de Voleibol Alevín cos seus compañeiros do Club Korbis e o seu adestrador Miguel Ángel de la Gama. Tras gañar os seus partidos de grupo e tres eliminatorias conseguiron clasificarse para a gran final.


Os seus compañeiros de clase puideron ver en directo un dos partidos do vernes a través do streaming da web da federación.


O noso mestre de educación fisica desprazouse o domingo a Valladolid para animar a Michael na gran final que finalmente gañou o equipo de Mallorca, pero o noso compañeiro rematou o campionato sendo SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE VOLEIBOL. NORABOA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario