luns, 20 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

PARA CONMEMORAR  O DÍA DAS LETRAS GALEGAS TODO O ALUMNADO DO COLE TRABALLOU DE DIFERENTES FORMAS AO LONGO DA SEMANA PARA COÑECER A VIDA E  OBRA DE LUISA VILLALTA, AUTORA HOMENAXEADA ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
ADEMAIS DE REALIZAR AS ACTIVIDADES PROPOSTAS NO SEMINARIO GALÁN OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL DECORARON BANDEIRAS DE GALIZA E DECORARON CON GRAFISMOS A CARICATURA DA AUTORA (DEBUXADA POLA NOSA ALUMNA SARA LOUREIRO DE 3º A), PARA CON TODO ELO ELABORAR O NOSO MURAL.










O ALUMNADO DE 3ºA E 4ºB DE EP FIXERON UN PROGAMA DE RADIO SOBRE A BIOGRAFÍA DE LUISA VILLALTA E UN DEBATE NO QUE SE FALA DA IMPORTANCIA DA MÚSICA E DA LITERATURA  XUNTAS OU POR SEPARADO. ESTE PROGRAMA AÍNDA NON SE PODE ESCOITAR POR ESTAR PRESENTADO NUN CONCURSO.

OUTRA ACTIVIDADE CREADA POLO ALUMNADO DE 1º, 4ºA, 5º E 6º DE EP FOI A ELABORACIÓN DUN LIBRO SOBRE A VIDA E OBRA DA AUTORA HOMENAXEADA.




OS ALUMNOS DE 2º E 3º DE EP COA AXUDA DO PROFE MIKEL CANTARON, BAILARON E TOCARON "O CUCO" DE MANUEL MARÍA .


E O NOSO TIMBRE MUSICAL ESTA SEMANA ESTIVO A DICADO O DÚO MUSICAL GALEGO "FILLAS DE CASANDRA".






Ningún comentario:

Publicar un comentario