O alumnado de 6º B de primaria gozou dunha xornada moi especial, celebrando o magosto xunto aos compañeiros do CEE Infanta Elena. A mañá estivo chea de convivencia e alegría, grazas a diversos xogos populares. Empezamos cunha boa chocolatada e rematamos cun gran xantar e moitas castañas asadas. Unha experiencia moi enriquecedora fomentando valores de respecto e amizade. Sen dúbida, un día inesquecible.
MOITAS GRAZAS !!!!!







Ningún comentario:
Publicar un comentario