O CEIP Plurilingüe de Monforte participará nas actividadas propostas polo Concello de Monforte de Lemos enmarcadas dentro do programa Ler Conta Moito.
O 26 de setembro o alumnado de Educación Infantil acudirá á Casa da Cultura a presenciar o espectáculo de maxia "Leo Leiño".
O venres 4 de outubro acudiremos co alumnado de 5º de Primaria ao espectáculo de maxia do Mago Deimi "A Maxia está nos libros".
O venres 11 de outubro o alumnado de 3º de primaria disfrutará do espectáculo de monicreques "Cociñando pola igualdade".
O xoves 17 de outubro será o alumnado de 2º de Primaria o que disfrute da "Verdadeira historia de Hamelin" interpretada por Mere Clown.
O venres 18 de outubro será o alumnado de 6º de primaria o que acuda á casa da Cultura Lois Pereiro a presenciar a actuación de Brais das Hortas "Contamos todos"
Finalmente o 24 de outubro o alumnado de 4º disfrutará das "Marabillosas ideas do señor Balbino" interpretado por Carlos Coira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario