sábado, 28 de setembro de 2019

Semana polo clima 23 a 27 de setembro

No CEIP Plurilingue de Monforte participamos na Semana polo Clima desenvolvendo diferentes accións ao longo de toda a semana.

O luns 23 fixemos un minuto de silencio pola terra.
O martes 24 levamos todos unha camiseta verde á escola.
O mércores 25 visualizamos cortos sobre o medio ambiente nas aulas.
O xoves 26 elaboramos carteis polo clima.
E rematamos o venres 27 realizando unha exposición de todos os carteis realizados.





Ningún comentario:

Publicar un comentario