No día de hoxe o alumnado de 4º de Primaria realizou unha saída á Viña e á Adega Finca Cuarta.
Na Primeira parte da visita, Carlos explicounos o concepto de ph ácido e básico e como inflúe o ph da Terra na elaboración do viño. Tamén nos explicou as partes da Viña, como facer inxertos, e as diferencias entre as uvas garnacha e mencía.
Na segunda parte, xa na Adega, o enólogo Rubén explicounos o proceso de transformación das uvas en viño, aprendemos acerca da fermentación alcólica gracias ás levaduras, para que serven as barricas de madeira e como se embotellan e etiquetan os viños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario