domingo, 13 de outubro de 2019

Banco da amizade

Finde moi activo no CEIP Plurilingüe De Monforte de Lemos (Colexio novo). 

Un grupo de pais e nais do noso centro adicaron a súa fin de semana a decorar os bancos do noso patio. 

Xa temos listos os nosos bancos da amizade de infantil e primaria gracias á súa inestimable axuda. Para que ningún neno/a se sinta so no tempo de lecer adaptamos este espacio que agardamos contribúa á integración de todo o noso alumnado e repercuta na mellora da convivencia escolar. 

Aproveitaron tamén para reciclar a antiga barra de equilibrios e reconvertila nunha zona de lecturas dentro do programa de animación á lectura "quen quere contarme un conto? ", na que o alumnado que o desexe poderá disfrutar da lectura de contos por parte de outros alumnos/as.








Ningún comentario:

Publicar un comentario