mércores, 8 de outubro de 2025

Visita ao Rocódromo de Lugo

 

Este mércores 8 de outubro o alumnado de 6º de Primaria realizou unha visita ao Rocódromo de Lugo para realizar unha actividade de iniciación á escalada. 

Situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, nun pavillón de máis de 5000 m2 , RocoLugo posiciónase como o primeiro rocódromo en España que cumpre cos requisitos da IFSC para a celebración de probas internacionais de escalada nas tres modalidades: Dificultade, Velocidade e Búlder. Ademais, as instalacións están dotadas cunha plataforma de quince metros de altura para practicar técnicas como o rápel ou a progresión con cordas fixas, ademais de ser sen dúbida un bo campo de práctica para corpos de seguridade (bombeiros, rescates…).

O rocódromo de RocoLugo conta con máis de 3.500 presas de escalada e 1.300 metros cadrados de superficie escalable, onde destaca o esborralle de máis de 15m na zona de dificultade.









Ningún comentario:

Publicar un comentario