Sete alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Monforte (Colexio Novo) participaron hoxe no campionato comarcal de bádminton escolar celebrado en Chantada, dentro do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) .
Nesta xornada deportiva, o noso alumnado competiu na categoría benxamín, enfrontándose a deportistas das escolas deportivas de Portomarín. Máis alá dos resultados, a experiencia estivo marcada polo compañeirismo, o respecto e as ganas de aprender e gozar do deporte.Foi unha tarde moi enriquecedora na que puideron poñer en práctica as súas habilidades, convivir con outros centros e seguir fomentando hábitos de vida activa e saudable.Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude!






















Ningún comentario:
Publicar un comentario