sábado, 9 de maio de 2026

3ª Xornada de voleibol escolar

O alumnado do CEiP de Monforte participou na 3ª Xornada de Voleibol Escolar, celebrada nunha intensa mañá deportiva na que os rapaces e rapazas puideron gozar dunha experiencia chea de compañeirismo, esforzo e convivencia.

Durante a xornada disputáronse diferentes encontros nos que o noso alumnado demostrou unha grande implicación, mellorando aspectos técnicos e tácticos deste deporte, pero tamén valores fundamentais como o respecto, o traballo en equipo e o xogo limpo.

Ademais da competición, esta actividade permitiu compartir experiencias con alumnado doutros centros, fomentando hábitos de vida saudables e o gusto pola práctica deportiva. O voleibol continúa consolidándose como unha das actividades máis motivadoras dentro do deporte escolar, promovendo a participación activa e a cooperación entre iguais.

Desde o centro queremos felicitar a todos os participantes pola súa actitude exemplar e agradecer a organización desta nova xornada deportiva.






























 

domingo, 19 de abril de 2026

Traballando as texturas.

 





Na clase de ciencias da naturaza o alumnado de 1º B fixeron un experimento de area máxica. Foi moi divertido aprendendo diferentes texturas. 




venres, 17 de abril de 2026

Campionato Comarcal Bádminton en Chantada


Sete alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Monforte (Colexio Novo) participaron hoxe no campionato comarcal de bádminton escolar celebrado en Chantada, dentro do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) .

Nesta xornada deportiva, o noso alumnado competiu na categoría benxamín, enfrontándose a deportistas das escolas deportivas de Portomarín. Máis alá dos resultados, a experiencia estivo marcada polo compañeirismo, o respecto e as ganas de aprender e gozar do deporte.

Foi unha tarde moi enriquecedora na que puideron poñer en práctica as súas habilidades, convivir con outros centros e seguir fomentando hábitos de vida activa e saudable.

Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude!