xoves, 17 de outubro de 2019

2º de Primaria, A verdadera historia de Hamelin

O noso alumnado de 2º de Primaria acudiu hoxe á Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos para desfrutar da actuación teatral titulada "A verdadeira historia de Hamelin", enmarcada dentro do programa Ler Conta Moito








martes, 15 de outubro de 2019

Circuito de Seguridade vial




O noso alumnado de 6º de primaria foi o primeiro que tivo a ocasión de disfrutar do Circuito de Seguridade vial que Teremos montado esta semana no noso pavillón polideportivo. Unha divertida forma de aprender disfrutando. 


luns, 14 de outubro de 2019

Charla sobre a célula


Esta semana o alumnado de sexto tivo a oportunidade de asistir a unha charla impartida por unha das nais deste curso sobre as células, e as diferencias entre células animais e vexetais. 

Tiveron tamén ocasión de observar a través do microscopio algúns exemplos. 

Foi unha charla moi interesante que contribuiu en gran medida a incentivar a súa curiosidade científica.

Podes escoitar a entrevista realizada facendo clic aquí





domingo, 13 de outubro de 2019

Banco da amizade

Finde moi activo no CEIP Plurilingüe De Monforte de Lemos (Colexio novo). 

Un grupo de pais e nais do noso centro adicaron a súa fin de semana a decorar os bancos do noso patio. 

Xa temos listos os nosos bancos da amizade de infantil e primaria gracias á súa inestimable axuda. Para que ningún neno/a se sinta so no tempo de lecer adaptamos este espacio que agardamos contribúa á integración de todo o noso alumnado e repercuta na mellora da convivencia escolar. 

Aproveitaron tamén para reciclar a antiga barra de equilibrios e reconvertila nunha zona de lecturas dentro do programa de animación á lectura "quen quere contarme un conto? ", na que o alumnado que o desexe poderá disfrutar da lectura de contos por parte de outros alumnos/as.








xoves, 3 de outubro de 2019

Participación do CEIP Plurilingüe de Monforte na IV Andaina polo Camiño de Inverno

O pasado mércores 2 de outubro, o alumnado do noso centro participou na IV Andaina do Camiño de Inverno convocada pola Asociación de amigos do Camiño de Inverno.

Os máis pequenos realizaron un percorrido dende San Vicente ata o Parque dos Condes, mentres que os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizaron un tramo máis longo dende Reigada ata o mesmo parque.

Colgaremos en breve vídeos e presentación con fotos do evento.






Fotos de A Voz de Galicia

sábado, 28 de setembro de 2019

Semana polo clima 23 a 27 de setembro

No CEIP Plurilingue de Monforte participamos na Semana polo Clima desenvolvendo diferentes accións ao longo de toda a semana.

O luns 23 fixemos un minuto de silencio pola terra.
O martes 24 levamos todos unha camiseta verde á escola.
O mércores 25 visualizamos cortos sobre o medio ambiente nas aulas.
O xoves 26 elaboramos carteis polo clima.
E rematamos o venres 27 realizando unha exposición de todos os carteis realizados.





mércores, 25 de setembro de 2019

Ler conta moito

O CEIP Plurilingüe de Monforte participará nas actividadas propostas polo Concello de Monforte de Lemos enmarcadas dentro do programa Ler Conta Moito.

O 26 de setembro o alumnado de Educación Infantil acudirá á Casa da Cultura a presenciar o espectáculo de maxia "Leo Leiño".

O venres 4 de outubro acudiremos co alumnado de 5º de Primaria ao espectáculo de maxia do Mago Deimi "A Maxia está nos libros".

O venres 11 de outubro o alumnado  de 3º de primaria disfrutará do espectáculo de monicreques "Cociñando pola igualdade".

O xoves 17 de outubro será o alumnado de 2º de Primaria o que disfrute da "Verdadeira historia de Hamelin" interpretada por Mere Clown.

O venres 18 de outubro será o alumnado de 6º de primaria o que acuda á casa da Cultura Lois Pereiro a presenciar a actuación de Brais das Hortas "Contamos todos"

Finalmente o 24 de outubro o alumnado de 4º disfrutará das "Marabillosas ideas do señor Balbino" interpretado por Carlos Coira.